Deputación de Pontevedra
Dúas bolsas de Licenciado Universitario en Historia, con destino ao Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico
Bases da convocatoria de dúas bolsas de Licenciado Universitario en Historia, con destino ao Servizo
de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación Provincial de Pontevedra.
De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca dúas Bolsas de Licenciados Universitarios en Historia, consonte as seguintes
BASES
1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión, de dúas bolsas,que
teñen por obxecto a realización de tarefas de Investigación e Colaboración relacionadas cos arquivos
municipais da provincia, e está destinada a Licenciados Universitarios en Historia.
2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de
obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
- Estar en posesión do título de Licenciado en Historia, ou en condicións de obtelo na data
na que remate o prazo de presentación de instancias.
- Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación
de solicitudes.
- Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo
da actividade obxecto da bolsa.
3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000 €/mes por beneficiario, que se imputará á
partida 08/454-451-481.01 do orzamento provincial.
O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.
O goce das bolsas será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.
4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial
de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial
da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
- Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela
na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
- Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
- Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.
5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección,
que estará integrada polos seguintes membros:
- Presidente:
o da Deputación Provincial de Pontevedra,
D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue.
- Vogais:
— Un Deputado provincial.
— O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental
e Bibliográfico.
— Un funcionario Técnico Superior pertenencente
a Deputación Provincial de Pontevedra.
- Secretario:
O da Deputación Provincial de Pontevedra
ou funcionario de carreira con titulación
superior en quen delegue.
Todos os membros terán voz e voto.
A Comisión non poderá constituirse nin actuar
sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros,
titulares ou suplentes indistintamente.
6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección dos bolseiros efectuarase mediante o sistema de Entrevista Persoal.
A Entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos, e nela o Tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados có desempeño das becas, a fin de determinar a sua idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular
Concluída esta fase, o Tribunal publicará no Taboleiro de Anuncios o listado de puntuacións obtenidas.
7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas aos aspirantes que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das presentes Bases.
O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.
8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:
- As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios
comezaron o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán
ser prorrogados por períodos anuais ata un máximo de catro (4) anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Comisión de Goberno.
- As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada,
calquera que sexa a natureza desta última.
- Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina
do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor
do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
- A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación
Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
- A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados
a partir da publicación da convocatoria.
9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada
para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial
resérvase o dereito a destruir dita documentación.
10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.
11.— DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á
bolsa, suxetaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo
Común.
O que lle comunico a Vde. para o seu coñecemento e efectos, coa salvidade que establece o art.
206 do ROF.
Pontevedra, 23 de xullo de 2008
|