[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Bolsa de Licenciado/a Universitario para a realización de traballos de investigación na Misión Biolóxica de Galicia

Bases | Modelo de solicitude

Bases

Convocatoria dunha Bolsa, en réxime de concurrencia competitiva, para Licenciado/a Universitario para realizar traballos de investigación na Misión Biolóxica se Galicia.

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo Agrario e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia , esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa de Licenciado/a Universitario para a realización de traballos de investigación na Misión Biolóxica de Galicia conforme as seguintes

BASES

1.— OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión, por concurso de méritos dunha bolsa que ten por obxecto a realización de tarefas de Investigación dentro das liñas de traballo que se detallan:

TEMAINVESTIGADOR RESPONSABLE
1. Millo panificable en condicións de agricultura sostible. D. Amando Ordás Pérez
2. Millo doce: adaptación e estabilidade. D. Pedro Revilla Temiño
3. Eficiencia do cultivo da xudía (Phaseolus vulgarisL), mediante a súa interacción con Rhizobia en zoas con déficit hídrico. D. Antonio De Ron
4. Recombinantes naturais do acervo xenético Mesoamericano e a súa implicación na evolución xenética de Phaseolus. Dª. Marta Santalla Ferradás
5. Potencial do cultivo de nabicol para a producción de Biodiésel. Estudio do seu sistema reproductivo e implicacións de mellora. Dª. Elena Cartea González
6. Estudio dos factores que interveñen na resistencia de Brassica oleracea a Mamestra Brassicae. D. Pablo Velasco Pazos


2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de Licenciado en Bioloxía ou Enxeñeiro Superior Agrónomo ou titulacións superiores afíns, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.000,00 €/mes, que se imputará á partida 08/711.711.481.02 do orzamento provincial.

O pagamento da bolsa ao beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.

O goce da bolsa será incompatible con calesquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • 4.1.—As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:
    • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
    • Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    • Certificado do expediente académico, onde deberá figurar a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no RD 1497/87, modificado por RD 1267/94, así coma curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
    • Declaración xurada comprometéndose, o solicitante, a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
    • Memoria anteproxecto do traballo de investigación que se propón có visto e prace do director/a do centro, que versará sobre calquera das materias recollidas na Base Primeira, e que se detalla a continuación:

      TEMAINVESTIGADOR RESPONSABLE
      1. Millo panificable en condicións de agricultura sostible. D. Amando Ordás Pérez
      2. Millo doce: adaptación e estabilidade. D. Pedro Revilla Temiño
      3. Eficiencia do cultivo da xudía (Phaseolus vulgarisL), mediante a súa interacción con Rhizobia en zoas con déficit hídrico. D. Antonio De Ron
      4. Recombinantes naturais do acervo xenético Mesoamericano e a súa implicación na evolución xenética de Phaseolus. Dª. Marta Santalla Ferradás
      5. Potencial do cultivo de nabicol para a producción de Biodiésel. Estudio do seu sistema reproductivo e implicacións de mellora. Dª. Elena Cartea González
      6. Estudio dos factores que interveñen na resistencia de Brassica oleracea a Mamestra Brassicae. D. Pablo Velasco Pazos


    • Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme se cumpre este requisito.
  • 4.2.—En canto á presentación das solicitudes, ademáis do recollido no apartado primeriro desta clásusula, os solicitantes estarán ao disposto no artigo 23 puntos 3,4 e 5 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, en todo aquelo que lles sexa de aplicación.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente:
    o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    — Un deputado provincial.
    — Un representante da Misión Biolóxica de Galicia.
    — Un funcionario Técnico Superior pertenencente ao Servicio Agrario desta Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario
    O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección dos bolseiros efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte

B A R E M O :

  1. Polo expediente académico ata un máximo de catro (4) puntos.
    No caso de que no mesmo non conste a nota media esixida na cláusula 4.1.c), será valorado con cero puntos.
  2. Pola presentación e descrición dun posible traballo de investigación a desenvolver durante o período de duración da Bolsa, ata un máximo de tres (3) puntos.
  3. Por ter realizado cursos de perfeccionamento, traballos de investigación publicados, Tesis de licenciatura, traballos de investigación tutelado, sempre e cando estén relacionados có tema do traballo, ata un máximo de (2) puntos.

Poderase manter unha Entrevista Persoal, relacioada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o Tribunal o considera oportuno, cuxa valoración non excederá en ningún caso de tres (3) puntos.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ao aspirante que consideren máis idóneo para realizar as tarefas de investigación na Misión Biolóxica en función da puntuación obtida de acordo có baremo especificado na cláusula sexta das presentes Bases.

O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comence o seu desempeño na Misión Biolóxica de Galicia e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro (4) anos, a petición do responsable da Misión Biolóxica de Galicia, có informe favorable do Xefe de Servizo Agrario, segundo o proxecto de investigación desenrolado polo bolseiro/a, e có acordo da Comisión de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O/a beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo, co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. O/a beneficiario/a da Bolsa deberá suscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado.
  5. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  6. O bolseiro/a, non poderá renunciar á Bolsa da que sexa beneficiario ata o transcurso, cando menos, de seis meses desde a data da súa adxudicación.
  7. A Comisión poderá convocar aos solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus curricula. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

9.— DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Excma. Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación.

10.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.

11.— RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa e a selección do bolseiro/ a así como a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademáis, ao disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común ( Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola lei 4/1999).

Pontevedra, 15 de julio do 2008
LA JEFA DEL SERVICIO DE RECURSOS HUMANOS Y FORMACIÓN
Mª Jesús Torres Peón

Boletín Oficial da Provincia, data 22/07/08, número 141, páxina 11, anuncio 2008007644.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/07/2008 14:57
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/