[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Páxina [1] 2 3
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral dun operario condutor tractorista con destino ó Parque Central de Maquinaria

Bases xerais | Modelo de instancia | Ampliación do prazo
proceso selectivo

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte

RESOLUCIÓN:

“De conformidade co establecido no artigo 34. g) da Lei 7/85, do dous de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, RESOLVO aprobar a presente convocatoria para a contratación laboral por circunstancias da produción dun operario condutor tractorista con destino ó Parque Central de Maquinaria, que se rexerá polas seguintes

BASES:

1.— OBXECTO
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral eventual por circunstancias da produción dun operario condutor tractorista para reforzar os traballos do Parque Central de Maquinaria na zona Sur.

Esta contratación formalizarase ó amparo do establecido no art. 35 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo, art. 103 da Lei 7/85, do 2 de abril, articulo 3 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, Lei 7/2007, de 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico de empregado público, art. 15 do estatuto dos traballadores, I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma.Deputación Provincial e demais normas de concordante e pertinente aplicación.

2.— SISTEMA DE SELECCIÓN
A selección levarase a cabo mediante a realización dunha proba práctica.

3.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. Con carácter xeral, para seren admitidos neste proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
    1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
    2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non excederen, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
    3. Posuír ou en estar en condicións de obter o certificado de escolaridade e ter o permiso de conducir categoría B, C, D +E para camión articulado, o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
    4. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto a que aspira.
    5. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos ó acceso o emprego público.
    6. Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Caixanova nº 2080 0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.
  2. Todos os requisitos sinalados no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservaranos, polo menos, ata a data da formalización do preceptivo contrato laboral por circunstancias da produción.

4.— CONDICIÓNS DO POSTO DE TRABALLO OFERTADO

  • Duración do contrato: Seis meses
  • Período de proba: Un mes
  • Retribucións: 1.259,98 €/mes, incluida a parte proporcional das pagas extraordinarias.
  • Lugar de traballo: Zona Sur da provincia

5.— SOLICITUDES

  1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto de traballo ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade.
    Para seren admitido neste proceso selectivo os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que expire o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo I desta convocatoria.
  2. O prazo para presentar as solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  3. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
  4. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.

6.— DEREITOS DE EXAME
Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar dentro do prazo de presentación de instancias, a cantidade de 10,00 € en concepto de dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á Deputación Provincial, conta de Caixanova nº 2080 0401 68 0040106618; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial, o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo.

En ningún caso a mera presentación e o pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude.

Están exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá acreditar documentalmente mediante orixinal ou fotocopia compulsada.

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

7.— ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  1. Finalizado o prazo cinco días naturais para presentar as solicitudes, o Presidente da Deputación ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial o día 30 de xullo de 2008.
  2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión, rematando o prazo o dia 2 de agosto. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios.
  3. Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
  4. O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuír os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as probas selectivas.

8.— TRIBUNAL CUALIFICADOR

  1. O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros

    PresidenteTitular D. Agustin Hernández Fernández de Rojas
    director de infraestructuras da Deputación Provincial
    Suplente D. Manuel González Juanatey
    enxeñiero técnico xefe de zona do Servizo de Vías e Obras
    Secretario Titular D. Gabriel Rodríguez Alonso
    xefe de sección do Servicio de Vías e Obras
    Suplente Dona Mª Jesús Torres Peón
    xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial.
    Vogais Titular D. Carlos Barros López
    xefe do Parque Central de Maquinaria da Deputación Provincial.
    Suplente D. Juan Carlos Fernández Mariño
    adxunto ó xefe de Parque Central de Maquinaria.


  2. Os membros do tribunal e os asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida no Real decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnización por razón do servizo.

9.— PROBA SELECTIVA
A selección levarase a cabo mediante a realización dunha proba práctica relacionada co contido posto de traballo a desempeñar, consistente na utilización e manexo dun tractor.

Esta proba será cualificada entre 0 (cero) e 10 (dez) puntos, necesitándose para aprobar obter unha puntuación mínima de 5 (cinco) puntos.

10.— LUGAR E DATA DA SELECCIÓN

  1. A proba práctica terá lugar o día 7 de agosto as 9,30 horas no Parque Central de Maquinaria.
  2. Os aspirantes convocaranse nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os aspirantes que non comparezan a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.
  3. Os aspirantes deberán presentarse para realizaren esta proba provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén os medios materiais adecuados que sexan necesarios para súa práctica.
  4. Concluída a proba, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  5. Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada ante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99.

11.— CONTRATACIÓN
Concluído o proceso selectivo o presidente da Deputación Provincial formalizará o preceptivo contrato laboral por circunstancias da produción co aspirante proposto polo tribunal cualificador ó amparo do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, do 18 de decembro.

12.— RECOÑECEMENTO MÉDICO
O aspirante proposto someteráse obrigatoriamente a recoñecemento médico ó inicio da súa relación laboral, a fin de poder comprobar que o traballador reúne as condicions físicas axeitadas para o desarrollo do posto de traballo ofertado, e no suposto de que dito recoñecemento médico declarase a este traballador non apto, este cesará automaticamente no posto para o que foi contratado.

13.— CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
Estas bases vinculan á Deputación Provincial, ó tribunal cualificador e ós aspirantes que participen neste proceso selectivo.

14.— INCIDENCIAS
O tribunal deste proceso selectivo queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo”.

Pontevedra, 8 de xullo de 2008
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO ACCTAL
Bernardo Sartier Boubeta

Boletín Oficial da Provincia, data 17/07/08, número 138, páxina 11, anuncio 2008007418.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/08/2008 12:29
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/