[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación de dous socorristas

BAses | Modelo de solicitude

Convocatoria e bases para a contratación laboral temporal de dous Socorristas a tempo parcial, con destino , un ao Centro de Vacacións da Lanzada e outro na Cidade Infantil Príncipe Felipe, centros dependentes da Deputación Provincial de Pontevedra.

De conformidade co establecido no art. 34.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, RESOLVO aprobala presente Convocatoria para para a contratación laboral por obra ou servizo determinado de dous Socorristas, que se rexirá polas seguintes

BASES

PRIMEIRA
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal por obra ou servicio determinado de dous Socorristas a tempo parcial con destino: Un ao Centro de Vacacións da Lanzada, e outro á Cidade Infantil Príncipe Felipe, motivadas pola apertura das piscinas de ambolos dous Centros, en cumprimento da normativa vixente có fin de controlar e vixiar aos menores ás horas nas que as piscinas permanecen abertas.

Esta contratación formalízase de conformidade có disposto no art. 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro e art. 15 do Estatuto dos Traballadores, é I Convenio Colectivo para persoal laboral da Diputación Provincial de Pontevedra.

SEGUNDA.—REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  • Ter a nacionalidade española, coa salvedade establecida en el artículo 57.4 del EBEP (acceso ao emprego de nacionais doutros estados).
  • Poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de cualquera das Administraciones Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.
    No caso de ser nacional doutro Estado, no atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ouequivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Poseer a titulación exixida: Estar en posesión do título de Graduado en Educación Segundaria Obrigatoria, Certificado de Escolaridade, ou equivalente, e estar en posesión do Título de Socorrista, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

Todos os requisitos enumerados nos apartados anteriores deberán poseerse no momento de rematar o prazo de admisión de solicitudes e mantelos, a lo menos, ata o intre da formalización do contrato.

TERCERA.—POSTOS OFERTADOS

  • 3.1. Socorrista para o Centro de Vacacións da Lanzada:
    • Período Contractual: 01/07/2008 á 31/07/2008.
    • Xornada: Tempo parcial (75%).
    • Horario:
      De luns a domingo, xornada de mañán e tarde:
      • Mañán: De 11:00 á 13:00 horas.
      • Tardes: De 16:00 á 18:00 horas.
    • Retribución Mensual Bruta: 1.080,49 €.
  • 3.2. Socorrista para a Cidade Infantil Príncipe Felipe:
    • Período Contractual: 01/06/2008 ao 15/09/2008.
    • Xornada: Tempo parcial (75%).
    • Horario:
      De luns a domingo, xornada de mañán e tarde:
      • Mañán: De 11:00 á 13:00 horas.
      • Tardes: De 16:00 á 18:00 horas.
    • Retribución Mensual Bruta: 1.080,49 €.

CUARTA.— PERÍODO DE PROBA
Poderase fixar un período de proba de conformidade có previsto no artigo 18 do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Diputación Provincial.

QUINTA.— SOLICITUDES

  • 5.1. Para poder participar na presente convocatoria, os/as aspirantes deberán presentar unha instancia, no modelo que se adxunta como Anexo 1, dirixidas ao Sr. Presidente da Diputación Provincial, na que constarán os datos personais do solicitante, domicilio e denominación do posto de traballo ao que opta, adxuntando fotocopia autenticada del documento nacional de identidade.
  • 5.2. Deberán manifestar nas súas solicitudes que reúnen todas e cada unha das condicións exixidas na data na que remate el plazo de presentación de instancias, mediante declaración jurada.
  • 5.3. O modelo será facilitado aos aspirantes no Rexistro Xeral da Diputación Provincial.
  • 5.4. Os que estean interesados nesta contratación laboral temporal deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral desta Deputación, no prazo de cinco días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta oferta no Boletín Oficial desta Provincia.
  • 5.5. Á solicitude acompañarase a seguinte documentación:
    1. Fotocopia do DNI por ámbolos dous lados, debidamente compulsada.
    2. Fotocopia compulsada da Titulación exixida.
    3. Acreditación de atoparse en demanda ou mellora de emprego.

SEXTA
O sistema de selección constará dunha “Entrevista Persoal”, na que o Tribunal formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados có desempeño dos postos obxeto destas contratacións, a fin de determinala súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. A mesma será valorada de cero a cinco puntos.

SÉPTIMA
O Tribunal Seleccionador quedará integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: Titular: Dª. Sonia Mateos Escudero, Directora de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
  • Suplente: Dª Elsa María Pinto da Cunha Pimenta, Xefa de Xestión de Persoal do Servizo de Recursos Humáns e Formación da Diputación Provincial.
  • Secretario: Titular: Dª. Begoña Estévez Bernárdez, Técnico de Administración Xeral, Adxunta ao Servizo de Recursos Humáns e Formación da Deputación Provincial.
  • Suplente: Dª. Mª Xesús Torres Peón, Xefe de Servizo de Recursos Humáns e Formación da Deputación Provincial.
  • Vocais: Titular: D. Enrique Pazos Abad, Técnico Superior en Actividades Deportivas.
  • Suplente: D. Julio Manuel Vázquez Mártínez. Técnico en Ciencias da Educación.

OITAVA
O Tribunal Seleccionador constituirase o vindeiro xoves 29 de maio ás 9:00 horas, no Pazo Provincial, a onde deberán concurri-los aspirantes provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade.

Rematado o proceso selectivo o Tribunal proporá ao Presidente da Corporación Provincial a contratación como Socorristas dos aspirantes que acadaron maior puntuación nas entrevistas, para formalizar con éstes o preceptivo contrato laboral temporal por obra ou servicio determinado ó amparo do art. 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro.

O que se fai público para coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 15 de maio de 2008
O SECRETARIO XERAL
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 19/05/08, número 95, páxina 16, anuncio 2008005313.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/05/2008 13:07
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/