[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Contratación laboral por obra ou servizo determinado
de 78 peóns de limpeza ou forestais para o
“Plan de Conservación e Limpeza de Espazos Naturais 2008”

Bases | Anexo I | Anexo II

ANUNCIO

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte RESOLUCIÓN:

No Boletín Oficial da Provincia nº 75 de data 18 de abril de 2008 publicouse a convocatoria do Plan de Conservación e Limpeza de espazos naturais para o ano 2008 en réxime de concorrencia competitiva para o acondicionamento, limpeza e mellora das zonas medioambientais, así como a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral, mediante a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado de 78 peóns de limpeza ou forestais, por un período de cinco meses, do 1 de xuño ó 31 de outubro de 2008.

Na base novena de dita convocatoria establécese que a selección dos traballadores a contratar para cada Concello efectuarase mediante convocatoria pública e conforme ós principios de mérito e capacidade. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión celebrada o 30 de abril de 2008 determinouse o número de traballadores a contratar para cada Concello.

A través deste plan preténdese asegurar, nos meses de verán e de maior afluencia turística, unha prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal na totalidade do territorio provincial.

Considerando que o artigo 19 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial e artigo 35 do Real decreto 364/95, de 10 de marzo, permite unha simplificación do procedemento que posibilite unha cobertura más áxil das necesidades en función dos prazos sinalados na convocatoria do plan para o inicio dos traballos a desenvolver, por razóns de urxencia e necesidade, de conformidade co disposto no artigo 34. g) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, RESOLVO aprobar a presente convocatoria para a contratación laboral por obra ou servizo determinado de 78 peóns de limpeza ou forestais para os diferentes concellos da provincia, que se rexerá polas seguintes:

B A S E S

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral por obra ou servizo determinado de 78 peóns de limpeza ou forestais para levar a cabo en diferentes concellos da provincia o acondicionamento, limpeza e mellora das zonas medioambientais, así como a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral.

Dita contratación formalizarase ó amparo do establecido no artigo 35 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo, art. 103 da Lei 7/85, do 2 de abril, artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, e artigo 15 da Lei do estatuto dos traballadores e demais normas de concordante e pertinente aplicación.

2.— NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS
O número de postos, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

CONCELLOCATEGORÍANº POSTOS
AGOLADA Peón de Limpeza 1
ARBO Peón de Limpeza 1
BAIONA Peón de Limpeza 5
BARRO Peón de Limpeza 1
BUEU Peón de Limpeza 2
CALDAS DE REIS Peón de Limpeza 1
CAMBADOSPeón de Limpeza 2
CAMPO LAMEIRO Peón de Limpeza 1
CAÑIZA, A Peón de Limpeza 1
CATOIRA Peón de Limpeza 1
CERDEDO Peón de Forestais 1
COTOBADE Peón de Forestais 1
COVELO Peón de Forestais 1
CRECENTE Peón de Limpeza 1
CUNTIS Peón de Limpeza 1
DOZÓN Peón de Limpeza 1
ESTRADA, A Peón de Limpeza 1
FORCAREI Peón de Limpeza 1
FORNELOS DE MONTES Peón de Limpeza 1
GONDOMAR Peón de Limpeza 1
GROVE, O Peón de Forestais 3
GUARDA, A Peón de Limpeza 1
ILLA DE AROUSA Peón de Limpeza 3
LAMA, A Peón de Forestais 1
MARÍN Peón de Limpeza 3
MEAÑO Peón de Limpeza1
MEIS Peón de Limpeza 1
MONDARIZ Peón de Forestais 1
MONDARIZ BALNEARIO Peón de Limpeza 1
MORAÑA Peón de Forestais 1
NEVES, AS Peón de Forestais 1
OIA Peón de Limpeza 2
PAZOS DE BORBEN Peón de Forestal 1
POIO Peón de Forestais 1
PONTE CALDELAS Peón de Limpeza 1
PONTEAREAS Peón de Limpeza 1
PONTECESURESPeón de Limpeza 1
PORTAS Peón de Limpeza 1
REDONDELA Peón de Limpeza 2
RIBADUMIA Peón de Forestais 1
RODEIRO Peón de Forestais 1
ROSAL, O Peón de Limpeza 1
SALCEDA DE CASELAS Peón de Forestais 1
SALVATERRA DE MIÑO Peón de Forestais 1
SANXENXO Peón de Forestal 6
SOUTOMAIOR Peón de Limpeza 2
TUI Peón de Limpeza 2
TOMIÑO Peón de Limpeza 1
VALGA Peón de Limpeza 1
VILA DE CRUCES Peón de Forestais 1
VILAGARCÍA DE AROUSA Peón de Limpeza 3
VILANOVA DE AROUSA Peón de Limpeza 4


3.— SISTEMA DE SELECCIÓN
A selección levarase a cabo mediante a realización dunha entrevista persoal que será valorada conforme ós criterios que se determinan na base décima.

4.— REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Con carácter xeral, para seren admitidos neste proceso selectivo os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
  2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non excederen, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  3. Posuír ou estar en condicións de obter o título de certificado de escolaridade o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
  4. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto o que aspira.
  5. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou en calquera dos supostos que contempla o artigo da Lei 7/2007, de 12 de abril.
  6. Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Caixanova nº 2080 0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.

5.— SOLICITUDES

  1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo, teléfono e a denominación do posto de traballo correspondente ó concello ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade.
    Para ser admitido nestas probas selectivas os aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que expire o prazo de presentación. No rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo I desta convocatoria.
  2. O prazo para presentaren as solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  3. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas.
  4. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que consten na súa solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.
  5. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de medios para realizar a entrevista.
  6. Na instancia deberá especificarse obrigatoriamente o posto de traballo ó que opta e o concello ó que figura adscrito. En caso de optar a postos de diferentes concellos, os aspirantes deberán de presentar unha instancia por cada posto e concello e aboar os correspondentes dereitos de exame por cada un deles.

6.— DEREITOS DE EXAME
Será requisito necesario para participar neste proceso selectivo aboar a cantidade de 10 € en concepto de dereitos de exame así como os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida a Deputación Provincial; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial, o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo. En ningún caso a mera presentación ou pagamento dos dereitos de exame suporá substituír o trámite de presentación en tempo e en forma da solicitude. Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.

Os dereitos de exame reintegraránselles de oficio ós interesados que sexan excluídos definitivamente da lista de admitidos.

7.— ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  1. Finalizado o prazo de 5 días naturais establecido para presentar as solicitudes, o presidente ditará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial.
  2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios.
  3. Contra a resolución do presidente, aprobatoria da lista definitiva, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99 do 13 de xaneiro) ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  4. O feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados posuíren os requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen o proceso selectivo.

8.— TRIBUNAL CUALIFICADOR

  1. Os membros dos tribunais cualificadores serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril.
  2. Cada un dos tribunais cualificadores estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais. Na súa composición tenderase á paridade entre homes e mulleres.
  3. A pertenza aos órganos de selección será sempre a titulo individual, no podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén.
  4. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.
  5. A Presidencia, antes de que teña lugar a entrevista de selección, publicará no taboleiro de anuncios da corporación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes dos tribunais cualificadores.
  6. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
  7. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente para estes procesos selectivos, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes.
  8. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos que resulte necesario para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizaren os exercicios cás do resto dos demais aspirantes, dispoñendo, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e de medios.
  9. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vogal designado en primeira orde.
  10. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

9.— ENTREVISTA

  1. Os aspirantes convocaranse para a realización da entrevista nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os aspirantes que non comparezan.
  2. Os aspirantes deberán presentarse a entrevista provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal e certificado da vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  3. Concluída a entrevista, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios, a relación de aspirantes que a superasen, indicando a puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  4. O tribunal non poderá en ningún caso declarar que superou a entrevista un número superior de aspirantes ó de postos ofertados para cada concello. Calquera proposta que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.
  5. Os candidatos seleccionados para os postos de traballo ofertados deberán acreditar que cumpren os requisitos esixidos na base cuarta desta convocatoria.
  6. Non obstante o anterior, co fin de cubrir tódolos postos ofertados, no caso de que o aspirante proposto no supere o recoñecemento médico, non acredite os requisitos esixidos ou renuncie con posterioridade ó contrato, o tribunal deberá preparar unha relación complementaria de aspirantes que sigan ós propostos por orde de puntuación para súa posible contratación, sen prexuizo de que o posto poida quedar deserto.
  7. Nestes procesos selectivos promoverase a igualdade real entre mulleres e homes para accederen os postos de traballo ofertados.
  8. Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada perante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/99, do 13 de xaneiro.

10.— CUALIFICACIÓN DA ENTREVISTA

  1. A entrevista será cualificada de 0,00 (cero) e 10,00 (dez) puntos, necesitándose para aprobar obter unha puntuación mínima de 5,00 (cinco) puntos. Para súa valoración se terá en conta os seguintes criterios:
    • Coñecementos teóricos e prácticos sobre o posto de traballo ofertado.
    • Experiencia profesional no desempeño do posto de traballo ofertado, que se acreditará na entrevista con certificado da vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    • Proximidade xeográfica ó lugar de traballo
    • Dispoñibilidade de horario para a realización do traballo
    • Tempo de permanencia en desemprego
    • Ser perceptor de prestacións
    • Situación familiar

11.—DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO
O lugar, data e mais a hora en que terá lugar a entrevista determinase no Anexo II para cada un dos postos de traballo ofertados:

12.—CONTRATACIÓN
Concluído o proceso selectivo o presidente da Deputación Provincial formalizará o preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado cos aspirantes aprobados ó amparo do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, do 18 de decembro.

13.—RECOÑECEMENTO MÉDICO
Os aspirantes propostos someteranse obrigatoriamente a recoñecemento médico ó inicio da súa relación laboral, a fin de poder comprobar que o traballador reúne as condicions físicas axeitadas para o desenvolvemento do posto de traballo ofertado, e no suposto de que dito recoñecemento médico declarase a este traballador non apto, este cesará automaticamente no posto para o que foi contratado.

14.— CONDICIÓNS LABORAIS
As condicións laborais deste persoal rexeranse polo disposto no I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma.Deputación Provincial, e supletoriamente polo disposto no Estatuto dos traballadores. — Duración: Cinco meses, do un de xuño ó trinta e un de outubro do 2008. — Xornada laboral: 37,50 horas e media. — Horario de traballo: O que determine o Concello. — Vacacións: 9 días hábiles. — Retribucións: 1.259,99 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras.

15.— PERÍODO DE PROBA
Establécese un período de proba de un mes.

16.— CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES
As bases desta convocatoria vinculan á Deputación Provincial, ós tribunais cualificadores e ós aspirantes que participen no proceso selectivo convocado.

17.— INCIDENCIAS
O tribunal de cada proceso selectivo queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

18.— DISPOSICIÓN FINAL
As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 30 de abril de 2008
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 06/05/08, número 86, páxina 12, anuncio 2008004788.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/05/2008 06:21
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/