[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Oferta de emprego
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2010
1º semestre 2010
2º semestre 2009

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Plan de formación do 1º semestre 2008

No Marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións públicas e con cargo á subvención do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) para o Plan Agrupado de Formación Continua do ano 2008, a Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial en sesión celebrada o día 2 de abril de 2008, acordou aprobar a convocatoria das accións formativas programadas no Anexo I coa participación dos concellos interesados, Instituto Nacional de Administración Pública e Academia Galega de Seguridade, que se rexerá polas seguintes bases:

B A S E S

1.— Destinatarios
Persoal da Deputación Provincial e dos Concellos que se adheriron ó Plan Agrupado de Formación, do que forman parte os Concellos de: Arbo, Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Agolada, Gondomar, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa, así como o persoal que presta servizos no ORAL.

En cada acción formativa do Anexo I detállase o perfil dos asistentes.

2.— Solicitudes
As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da Convocatoria, Anexo II cuberto en tódolos epígrafes.

As solicitudes dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Corporación Provincial presentaranse a través do Rexistro Xeral deste Organismo Provincial ata o día 15 de de abril de 2008.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en calquera outro curso este ano.

3.— Selección
Os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios:

  1. Que exista unha relación entre o contido do curso e as funcións exercidas polos solicitantes no seu actual posto de traballo.
  2. Proximidade xeográfica do lugar de impartición.
  3. Antigüidade.
  4. Ter realizado nos últimos cinco anos un menor número de cursos relacionados co contido temático do que se solicita.
  5. Os que posúan o menor número de cursos realizados nesta Deputación, Escolas, Institutos de Administración Pública ou outros similares.

4.— Modificacións
A Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

5.— Certificado de asistencia
Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 15 % das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado.

Pontevedra, 26 de marzo de 2008
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 03/04/08, número 64, páxina 2, anuncio 2008003337.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/08/2009 12:13
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/