[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 2 DE DECEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Arcos da Condesa
Bembrive
Berán (Ourense)
Camposancos
Chenlo
Morgadáns
Pazos de Reis
Queimadelos
Vilasobroso

ARQUIVOS ENTIDADES LOCAIS MENORES 

Arquivos das Entidades Locais Menores
Archivos de las Entidades Locales Menores


As entidades locais menores aparecen legalmente consideradas como entidades locais de ámbito territorial inferior ó do concello, con personalidade xurídica propia e facultades para a xestión dos seus bens e servicios. As competencias que se lles asignan pasan pola administración e conservación do seu patrimonio e mais a execución de obras e servicios do seu interese.

Esta cualidade recoñecéuselles por primeira vez a raíz da aprobación do Estatuto municipal do ano 1924, definíndoas como un núcleo separado de edificacións, formado por un conxunto de persoas e bens, con dereitos e intereses peculiares e colectivos diferenciados dos xerais do municipio.

Neste momento hai en Galicia nove entidades locais menores; unha na provincia de Ourense, a de Berán (Concello de Leiro), e as outras oito na provincia de Pontevedra: Arcos da Condesa (Caldas de Reis), Bembrive (Vigo), Camposancos (A Guarda), Chenlo (Porriño), Morgadáns (Gondomar), Pazos de Reis (Tui), Queimadelos e Vilasobroso (Mondariz).

A propia lexislación establece a organización das entidades locais menores; contarán cun órgano unipersonal, o alcalde-pedáneo, que convoca e preside as reunións, executa os acordos da Xunta Veciñal, aplica o presuposto, ordena pagos e rende contas da súa xestión, ademais de ocuparse da vixilancia da conservación dos camiños rurais, fontes e montes.

Existe ademais unha Xunta Veciñal, composta polo alcalde pedáneo e un número par de vocais que oscila entre dous e catro segundo a poboación. As súas competencias pasan pola aprobación do presuposto, a censura das contas e a aprobación das ordenanzas; a administración e conservación dos bens e dereitos da entidade local menor, o exercicio das accións xudiciais e administrativas oportunas e, en xeral, todas aquelas funcións que nun concello, estarían atribuídas ó Pleno.

A documentación conservada nos arquivos das diferentes entidades locais menores deriva loxicamente desta estructura funcional, da súa tramitación administrativa e das actuacións orientadas a prestarlles determinados servicios ós seus veciños.

Para poder acometer os procesos técnicos encamiñados á organización dos fondos documentais elaborouse, previo achegamento á súa realidade documental, un cadro de clasificación baseado na simplificación e na flexibilidade, a fin de poder adaptalo a cada caso concreto.

Tomando como base o esquema do cadro de clasificación en uso nos arquivos municipais estimouse oportuno proceder a unificar nunha única sección a documentación derivada da propia administración e a de prestar determinados servicios, atendendo ó escaso volume que estes representaban no total da documentación.

Resultaron, como se apreciará de seguido, tres seccións: Goberno, que recolle as series documentais relacionadas cons diferentes órganos de goberno e a propia entidade local como institución; Administración e Servicios, na que se agrupan as series relacionadas co funcionamento da propia entidade –secretaría, persoal, patrimonio, contratación e as eleccións- ou coa prestación de determinados servicios que, aínda que variables, inclúen a execución de obras, a cultura, o ensino, a beneficencia... Por último, a sección de Facenda recolle a documentación relacionada coa elaboración e mais execución dos presupostos ordinarios e extraordinarios.

O fondo documental na totalidade das entidades é bastante reducido e na súa maior parte refírese á xestión e control presupostarios. Sempre se constatou un aceptable nivel de conservación e unha certa variación na profusión e calidade do funcionamento administrativo, case sempre relacionado coa existencia ou non en determinados períodos do seu persoal técnico asesor.

Daquela, as diferentes entidades locais contan hoxe con arquivos propios debidamente organizados e dotados á súa vez de instrumentos de descrición suficientes para o seu manexo así como a localización oportuna de calquera libro, documento ou expediente. En cada caso elaborouse un inventario, recollendo a información xenérica de cada unidade de instalación e un catálogo en fichas que pormenoriza na identificación de cada expediente incluído dentro destas unidades.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 10:35
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/