[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE FEBREIRO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 [11] 12 13
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO VI
FACULTADES E TUTELA DA DEPUTACIÓN

Artigo 24

  1. A función tutelar do organismo exerceraa a Deputación de Pontevedra, que a levará a cabo por medio dos seus órganos competentes da área á que queda adscrito o organismo.
  2. As facultades tutelares acadarán todos aqueles actos que requiran a aprobación do Pleno da Deputación, enumerados ó longo dos presentes estatutos e os que estableza a lexislación de réxime local.
  3. O presidente da Deputación poderá suspender os acordos do organismo autónomo cando se refiran a asuntos que non sexan da súa competencia, constituíndo unha infracción manifesta das leis, ou por calquera outra causa que atente gravemente ós intereses da Deputación. Así mesmo, poderá reclamar dos seus órganos de goberno e administración toda clase de informes e documentos, así como ordenar as inspeccións que considere oportunas.

CAPÍTULO VII
MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN

Artigo 25.—
A aprobación das propostas de modificación destes estatutos esixirá o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do Consello rector.

Artigo 26.—

  1. O organismo autónomo terá unha duración indefinida, determinada polo cumprimento das finalidades recollidas nos presentes estatutos.
  2. A Deputación resérvase o dereito de modificar a forma de xestión dos servizos obxecto destes estatutos cando o crea conveniente, de acordo co procedemento legalmente establecido.
  3. O organismo autónomo provincial poderá disolverse por:
    1. Imposibilidade legal ou material de realizar os seus fins
    2. Acordo do Pleno da Deputación de Pontevedra
    3. Calquera outra circunstancia legal
  4. Ó extinguirse o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra, esta sucederalle universalmente.

Declarada a disolución, o Consello rector transformarase en comisión liquidadora do organismo co obxecto de determinar e valorar os bens, dereitos e obrigas que constitúen o seu patrimonio e, no prazo máximo de tres meses, elevará a súa proposta á consideración da Deputación Provincial de Pontevedra.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 [11] 12 13

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/10/2007 14:27
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/