[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE FEBREIRO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8] 9 10 11 12 13
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 4ª
DO CONSELLO ASESOR

Artigo 12.—

  1. O Consello asesor actuará como órgano consultivo no deseño dos plans de actuación do organismo autónomo, así como do seu seguimento e avaliación.
  2. Estará integrado por todos os membros do Consello rector e mais dez alcaldes dos municipios que teñan delegada a súa xestión no organismo. Os alcaldes serán designados polo Pleno da Corporación provincial de entre todos os grupos políticos e independentes. A renovación dos membros do Consello asesor producirase coas eleccións locais. En todo caso, cando, por calquera circunstancia, se produza o relevo do alcalde nalgún municipio que fose membro do Consello asesor, ocupará automaticamente o seu lugar o substituto legalmente nomeado.
  3. Asistirán ás sesións do Consello asesor, con voz pero sen voto, os señores director, secretario, interventor e tesoureiro.
  4. O Consello asesor reunirase, polo menos, unha vez ó trimestre para ser informado da marcha e actuacións do organismo. Debaterá a memoria de xestión de cada exercicio, podendo presentar mocións para o seu estudo. En todo caso, os seus acordos non serán vinculantes.

SECCIÓN 5ª
DAS FUNCIÓNS DE SECRETARÍA, INTERVENCIÓN E TESOURERÍA

Artigo 13.—
As funcións que lles corresponden ó secretario, ó interventor e ó tesoureiro serán as legalmente establecidas, sendo desempeñadas polos titulares da Deputación ou por funcionarios de carreira do organismo ou da Deputación en que deleguen. Tamén poderán encomendárselles outras actividades ou funcións que, pola súa especial relación ou incidencia nas regulamentarias, poidan contribuír a mellorar os aspectos funcionais do organismo.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8] 9 10 11 12 13

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/10/2007 14:27
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/