[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE FEBREIRO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 4 5 6 [7] 8 9 10 11 12 13
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

SECCIÓN 3ª
DO DIRECTOR

Artigo 11.—
O director do organismo autónomo designarao o Consello rector, a proposta do presidente da Deputación, de entre os funcionarios con habilitación nacional ou persoal, cualificado segundo o artigo 85 bis-1-b da Lei 7/1985.

Corresponderanlle ó director as facultades seguintes:

  1. Resolver aquelas materias que expresamente lle sexan atribuídas polo regulamento orgánico ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello rector, pola Comisión xestora ou polo presidente.
  2. A inmediata dirección e administración do organismo, das que lles dará conta, periodicamente, ó Consello rector e á Comisión Xestora e, de continuo, ó seu presidente.
  3. Cumprir os acordos e resolucións do Consello rector, da Comisión xestora e do presidente.
  4. En particular, son as súas funcións:
    1. Dictar os actos administrativos que, con relación ó exercicio das funcións de xestión censual, tributaria e recadadora lle correspondan.
    2. Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto.
    3. Propoñer a adopción de medidas conducentes a cubrir as necesidades dos servizos e do persoal co fin de dotalos dunha maior eficacia.
    4. Censurar e dar conformidade, no seu caso, ós informes e comunicados dirixidos ós organismos dos que se realice a súa xestión.
    5. Vixiar o cumprimento das disposicións regulamentarias e normas legais a que estean sometidas as actuacións do organismo.
    6. Autorizar, por delegación da Presidencia, para realizar horas extraordinarias, comisións de servizo con dereito a indemnización, así como resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
    7. Propoñerlle ó presidente a contratación do persoal laboral e propoñer a resolución da relación xurídica que o vincule co organismo de acordo cos cadros de persoal previamente aprobados polo Consello rector e ratificados polo Pleno da Deputación.
    8. Propoñerlle ó presidente a ordenación e instrucción de expedientes disciplinarios e formular pregos de cargo do persoal laboral.
    9. Propoñerlle ó presidente a imposición de sancións que correspondan ó persoal do organismo pola comisión de calquera feito constitutivo de falta leve. Por delegación, o director poderá resolver os expedientes por faltas de natureza leve.
    10. Propoñerlle ó presidente a autorización de asistencia a cursos, congresos e demais convocatorias para a formación e perfeccionamento do persoal do organismo.
    11. Propoñerlle ó presidente a distribución do persoal na forma que o esixan as necesidades do servizo, podendo trasladar a diferentes zonas ou dependencias a calquera empregado, con suxeición á normativa legal aplicable.
    12. Propoñerlle ó presidente a aprobación do plan xeral anual de vacacións de todo o persoal.
    13. Propoñerlle ó presidente a resolución de toda clase de peticións de licencias, excedencias e outras situacións administrativas do persoal.
    14. Propoñerlle ó presidente o nomeamento dos cargos de especial responsabilidade.
    15. Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia.
    16. Realizar a xestión económica de acordo co orzamento aprobado.
    17. Todas aquelas que lle sexan delegadas expresamente polo presidente ou o vicepresidente.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 [7] 8 9 10 11 12 13

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/10/2007 14:27
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/