[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE FEBREIRO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Información económica e financeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
ORAL
IPESPO
Museo
Escola de Canteiros
Turismo Rías Baixas
Caixa Anticipos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto
Atención ó cidadán
Aviso Legal

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11 12 13
ORGANISMOS AUTÓNOMOS 

Estatutos (cont.)

CAPÍTULO II
ORGANIZACIÓN

Artigo 6.—
Por razón da súa competencia, os órganos do organismo autónomo serán os seguintes:

Órganos de Goberno:

  • Consello rector
  • Comisión xestora
  • Presidente do organismo
  • Vicepresidente

Órgano de Dirección e Administración:

  • Director

Órgano de consulta:

  • Consello asesor

SECCIÓN 1ª
DO CONSELLO RECTOR E DA COMISIÓN XESTORA

Artigo 7.—

  1. Consello rector:
    1. O Consello rector estará formado polos seguintes membros:
      • Presidente: O da Deputación de Pontevedra ou deputado en que delegue.
      • Vicepresidente: Designarao o Pleno da Deputación de entre os seus membros.
      • Vogais: Un mínimo de dous e un máximo de catro, que designará o Pleno da Deputación de entre os seus membros.
    2. O secretario, o interventor e o tesoureiro da Deputación, ou os funcionarios nos que deleguen, asistirán ás reunións con voz pero sen voto, actuando no exercicio das funcións que lles son propias.
    3. Asistirá tamén ás reunións, con voz e sen voto, o director co obxecto de informar ou asesorar dos asuntos que lle concirnan.
  2. Da Comisión xestora

    A Comisión xestora estará formada polo vicepresidente do organismo, que actuará como presidente, salvo que asista o propio presidente, caso no que será este último quen actúe como tal, e polos señores director, secretario, interventor e tesoureiro do organismo.

    Ás reunións da Comisión xestora poderán convocarse os xefes de servizo ós que afecten os asuntos que se vaian tratar.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11 12 13

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/10/2007 14:27
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/