[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Arcos da Condesa » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Arcos da Condesa
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
ARCOS DA CONDESA 

Introducción

Formada pola parroquia de Santa María de Arcos da Condesa, que se integra no concello de Caldas de Reis, conta cos lugares de Ámeal, Arousa, Badoucos, Ceboleira, Marán, Penalta, San Martiño e Valsordo, cunha extensión total de 760 hectáreas, nas que residen 640 veciños.

Esta parroquia fora un couto na configuración propia do Antigo Rexíme, pero nunca chegara a tela consideración de concello nos períodos liberais previos á configuración definitiva dos concellos constitucionais.

Xorde como Entidade Local Menor polo Decreto de 18 de xaneiro de 1946, a proposta do Ministerio da Gobernación, culminando un proceso iniciado dous anos antes. A primeira Xunta Municial constitúese o 23 de agosto de 1946, baixo a presidencia de D. Julio Ocampo Coto.

A documentación consérvase no local da propia Entidade Local Menor, un edificio de nova construcción no que se dispoñen, ademais das oficinas e salas de reunión, os principias servicios que esta institución presta, como son a aula de educación preescolar e a biblioteca pública da Entidade Local.

Rematado o proceso de organización do fondo documental que se conserva inventariouse un total de oitenta e nove unidades de instalación, correspondente ó período 1946-1995, ocupando un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación.

Do conxunto documental destaca a conservación dos libros de actas da propia Xunta Veciñal, dende o ano 1952, con continuidade ata a actualidade.

Tal e como se aprecia no inventario que segue a maior parte da documentación corresponde á sección da Facenda (75,5%); en menos medida á prestación de servicios e funcionamento administrativo da Entidade (10% en cada caso), dispóndose en catro unidades de instalación (4,5%) a documentación derivada do funcionamento dos órganos de goberno.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/11/2003 09:09
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/