O local
A casa do concello é unha edificación en pedra, que logo da reforma dos anos 1985-1987 conta cunha planta baixa, ocupada polo xulgado de paz, biblioteca e outros servicios; unha primeira planta onde se dispoñen as oficinas municipais e a Alcaldía, e unha segunda habilitada como salón de sesións. Finalmente, na estructura baixo a cuberta dispúxose o local de arquivo municipal e do xulgado de paz, con espacios anexos, usados como almacén.
A superficie total do baixo cuberta, superior ós cento trinta metros cadrados, foi no seu día adecuada para instalar o arquivo municipal, acometéndose neste mesmo ano 1992 as reformas necesarias, separando as zonas de almacén e arquivo; unha boa parte foi destinada exclusivamente a arquivo municipal, con sesenta e catro metros cadrados, unha altura media de tres metros e dúas ventás para facilitar a súa ventilación e iluminación natural, e con medidas de illamento térmico.
Ademais foi dotado das instalacións necesarias para dispor a documentación, con preto de cen metros lineais de estantería metálica, ficheiro e mesa de traballo. Conseguiuse así unha mellora considerable das condicións de local, ó que só se lle pode obxectar a súa situación, lonxe das oficinas.
|