[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 23 DE SETEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Estrada, A » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Estrada, A
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
ESTRADA, A 

O local

A casa do concello é unha destacada construcción, exenta, en pedra construída nos primeiros anos do século XX, e inaugurada en 1912.

Distribúese interiormente, logo de sucesivas reformas, en baixo, tres plantas e baixo cuberta, mentres que o exterior mantén a súa estructura orixinal, na que destaca a profusión de vans, o corpo central con cinco arcos de medio punto que serven de acceso e a torre lateral abovedada.

O local dedicado a arquivo viña ocupando a práctica totalidade do baixo cuberta, cn dúas amplas salas de depósito e despacho para o persoal e cunha pequena sala na terceira planta que lle servía de complemento. Todas estas instalacións contan cunhas boas condicións de habitabilidade, luminosidade e ventilación e uns equipamentos axeitados.

En todo caso o elevado volume documental provocou a busca de novos espacios para a custodia do patrimonio documental decidindo o Concello a construcción de unha edificación na que se dedica unha planta completa a arquivo segundo o plano que se achega, con dúas zonas de depósito e un despacho na parte central que se dotará de andeis compactados e resolverá a medio prazo a problemática do local estando previsto o traslado de forma inminente.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/03/2005 09:55
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/