O local
Dispóñense estes fondos na propia Casa do Concello, edificio moderno construído a finais da década dos setenta e principios dos oitenta, distribuído en baixo e dúas plantas e na que se concibe unha fachada principal na intersección de dúas rúas, eliminando o que sería a esquina da edificación. Recentemente acometeuse unha reforma interior que contemplou a redistribución do espacio ocupado polos diferentes servicios municipais.
Entre eles, ó arquivo municipal destinouse unha boa parte da segunda planta, en tres locias distintos, principalmente nunha sala cuadrangular de máis de sesenta e cinco metros cadrados, na que se procedeu á instalación de douscentos dezaseis metros lineais de estantes metálicos, así como de mesas de traballo consulta e ficheiro metálico para a disposición dos instrumentos de descrición. Xunto a ela outras súas pequenas salas, todas elas con suficientes condicións de iluminación natural e ventilación.
|