[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 10 DE DECEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Porriño, O » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Porriño, O
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
PORRIÑO, O 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariouse un total de 3.351 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas dende 1900 ata 2003.

O incendio do 25 de setembro de 1976 conlevou a desaparición da maior parte da documentación xerada polo concello. Soamente se salvaron os libros de actas do Pleno dende 1900, os da Comisión Municipal Permanente dende 1924 e da Xunta Municipal de Asociados dende 1901 ata 1924.

Consérvanse ademais algúns documentos de patrimonio e de persoal dende 1916 e 1924 respectivamente, así como os padróns de habitantes e quintas dende 1970 ou eleccións dende 1966. A documentación presupostaria máis antiga é de 1975.

A totalidade deste conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 15.216 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 14:00
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/