[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Vilanova de Arousa » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Vilanova de Arousa
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
VILANOVA DE AROUSA 

Introducción

O concello de Vilanova de Arousa está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia, Cambados e Vilagarcía de Arousa.

Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós trinta e seis quilómetros cadrados cun total de sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa, nas que residen algo máis de once mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro.

No período preconstitucional e neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro.

Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996.

Deste funcionamento continuado do concello xorde un conxunto documental, conservado parcialmente e que foi obxecto de sucesivas actuacións por parte do propio Concello e nos últimos anos polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental, derivando na actual situación na que se dispón en locais equipados para a súa conservación, tratamento e consulta.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1983, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado de local.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/08/2008 11:02
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/