A documentación
Neste local instaláronse as 2.169 unidades resultantes do proceso organizativo, logo do proceso de actualización e adaptación á proposta elaborada para a organización de arquivos municipais a nivel nacional, desenvoltas sucesivamente nos anos 1986, 1987, 1994, 2000, 2001, 2006, 2008, 2010, 2012 e 2014.
Maniféstase na información que desta publicación se detrae a sensible perda que supuxo o incendio de 1930, xa que con anterioridade a esta data, agás algún escrito, non se conserva documento ningún.
Con posterioridade a esta data dispón o concello dun arquivo completo, debidamente organizado, no que destacan as seccións de Facenda e Servizos, especialmente a documentación presupostaria e de control impositivo.
Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, conta cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 16.216 rexistros diferentes.
|