[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8
ACCIÓN SOCIAL 

Programa de respiro e animación hospitalaria

DESCRICIÓN: As institucións asinantes, Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, levarán a cabo de mutuo acordo o contido das prestacións especificadas no programa de Respiro e de Animación Hospitalaria, obxecto deste convenio.

OBXECTO: - Complementar os servizos que ofrece o hospital incidindo principalmente nas relacións persoais e no desenvolvemento integral.

OBXECTIVOS:

  • Paliar a ruptura co medio social que padece o/a menor durante o seu ingreso, facilitando a estancia do/a neno/a no centro hospitalario.
  • Desenvolver no hospital un clima rico en relacións humanas entre os/as pacientes evitando situacións de illamento e soidade do/a neno/a.
  • Asegurar unha oferta plural de actividades lúdicas: xogos, actividades manuais, cancións, conta-contos.
  • Desenvolver a creatividade e sensibilidade no/a neno/a sobre temas e actividades realizadas nun espazo lúdico e educativo.
  • Ofrecernos como un recurso estable de apoio ás familias con menores hospitalizados.

ACCIÓNS: As accións principais que se levarán a cabo desde o programa consistirán en:

  • Ludotecas e aula de xogos. Con actividades de animación, de expresión, psicomotricidade, xogos, talleres, festas, préstamo de xoguetes, animación á lectura e conta-contos, visualización de películas, apoio escolar...
  • En habitación: acompañamento en habitación, actividades de lecer e tempo libre en habitación, servizo de biblioteca, préstamos de xogos, xoguetes, etc... apoio escolar, servizo de soporte e respiro a familias e acompañantes.

As actividades terán sempre unha mesma estrutura, que se poderá variar en función das demandas dos usuarios/as e das avaliacións; agora ben os contidos de devanditas actividades si variarán ao longo das semanas.

O desenvolvemento das actividades farase tanto de forma individual coma en grupo. Isto é, sempre que sexa posible involucrará a amigos, familiares, do neno ou nena na dinámica. Formación: ó comezo da tempada realizarase un curso para voluntariado no que se impartirán os fundamentos básicos do programa, intervención no hospital, técnicas de animación e manexo de grupos, planificación de actividades e características da etapa infantil.

Ó longo do ano realizaranse monográficos de reciclaxe sobre a temática do programa.

DESTINATARIOS: O perfil dos destinatarios deste proxecto serían: nenos, nenas e mozos de entre 0 e 18 anos con enfermidades de media e longa duración hospitalizados ou en situación de convalecencia domiciliaria. Os menores poden estar situados na planta de pediatría ou noutra zona do hospital.

As patoloxías que poden sufrir estes nenos e nenas poden ser de diversa índole: óseas, musculares, intestinais, respiratorias, renais, politraumatismos, etc. O número estimado de beneficiarios e beneficiarias durante o período de permanencia do proxecto será de 60 menores.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/12/2010 15:08
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/