[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Hemeroteca
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais

Páxina 1 2 [3] 4
HEMEROTECA 

Publicacións periódicas

As publicacións periódicas especializadas constitúen de cotío unha importantísima canle de divulgación na que moitos investigadores publican os traballos que, por diferentes motivos, non acadan a súa edición como monografías.

O fondo da Hemeroteca, que na actualidade inclúe preto de 400 títulos, é froito dun traballo iniciado a finais dos anos 90 consistente, en principio, na recuperación, clasificación e ordenación de todas as publicacións periódicas xa existentes na institución.

A partir do ano 2000, os esforzos céntranse fundamentalmente en dous aspectos:

- Incentivar a política de adquisicións (compra, doazóns, intercambio) co claro obxectivo de poder ofrecerlñles ós usuarios a meirande parte posible das publicacións periódicas referentes á nosa comunidade autónoma, en xeral, e á provincia de Pontevedra, en particular.

- Habilitar unha base de datos que proporcione ós investigadores a referencia bibliográfica de todos aqueles traballos que se atopan nos sumarios das diferentes revistas e que xeralmente non poden ser atopados nos habituais catálogos ou buscadores de monografías.

O resultado é un catálogo en liña que permite visualizar a listaxe completa das publicacións dispoñibles, os sumarios de cada unha delas e realizar buscas por verba clave dentro de tódo-los sumarios.

Todo o material do fondo está disponible para os investigadores na Biblioteca, e entre os seus títulos atópanse os das principais revistas que se ocupan do estudo da nosa comunidade autónoma dende os diferentes puntos de vista (antropolóxico, histórico, literario, lingüístico, etc.), como por exemplo Anuario de Estudios Literarios Galegos, Boletín Auriense, Boletín Galego de Literatura, Brigantium, El extramundi y los Papeles de Iria Flavia, Grial, Industrias Pesqueras, Minerva, Minius, Moenia, Murguía, A Nosa Terra, Obradoiro de Historia Moderna, Pontenova, Pontevedra, Quintana ou Sémata.

Catálogo en liña

Estatísticas das publicacións

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/01/2007 09:56
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/