[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Bibliográfico » Hemeroteca
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais

Páxina [1] 2 3 4
HEMEROTECA 

Hemeroteca

As publicacións periódicas especializadas constitúen unha importantísima canle de divulgación empregada polas persoas autoras e investigadoras para difundir os seus traballos.

Nese sentido, a hemeroteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico ( froito dun traballo iniciado a finais dos anos 90 consistente en principio, na recuperación e clasificación das publicacións periódicas xa existentes nas súas instalacións) ten como finalidade fundamental a de reunir, conservar e difundir unha colección o máis ampla e representativa posible de títulos referentes a Galicia en xeral e á provincia de Pontevedra e todos e cada un dos seus diferentes concellos en particular.

O fondo, que está en constante aumento, conta na actualidade con 911 títulos que inclúen un total de 15617 exemplares (13857 en papel e 1710 en CD-ROM). Deles, un 97,5 % corresponde a publicacións galegas e un 2,5 % a publicacións de caracter xeral e na súa práctica totalidade está constituido por publicacións de periodicidade semanal ou superior, conservándose únicamente unha pequena cantidade de exemplares de diarios ou periódicos pertencentes ó fondo antigo.

Ademáis, e froito dun longo traballo de valeirado dos contidos do fondo da hemeroteca as persoas usuarias da mesma contan na súa base de datos con máis de 85600 referencias de artigos ou rexistros analíticos, pertencentes ás máis sobranceiras cabeceiras de revistas da nosa comunidade como por exemplo Anuario de Estudios Literarios Galegos, Boletín Auriense, Boletín do Instituo de Estudios Vigueses, Boletín Galego de Literatura, Brigantium, Castrelos, Descubrindo Deza, A Estrada, Grial, Minerva, Minius, Moenia, Murguía, Museo de Pontevedra, A Nosa Terra, Obradoiro de Historia Moderna, Pontenova, Pontevedra, Quintana, Sémata, etc.

Recentemente acometeuse a dixitalización da colección histórica do Boletín Oficial da Provincia, utilizando para tal obxectivo os fondos orixinais en papel reunidos entre a propia hemeroteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e a do Museo de Pontevedra, e completándoa no posible coa cesión para tal fin de exemplares pertencentes a outras institucións como o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ou o Arquivo Municial de Vigo. Todas estass publicacións, que pola súa condición de periódicas están restrinxidas da modalidade de préstamo a domicilio, pódense consultar na sala de lectura e investigación da biblioteca (Padre Amoedo, 1-2º andar)

As diferentes publicacións poden consultarse na rúa Padre Amoedo, núm. 1 – 36002 Pontevedra. BR>Teléfono 886 201 000
Enderezo electrónico: biblioteca@depo.gal.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/11/2018 08:08
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/